Esta mañá, na Sala de Prensa da Malata, ha ter lugar a roda de prensa que ofició o Presidente D. José María Criado Labajo acompañado por dous membros do Comité do Centenario; D. Manuel Couce Pereiro e Gregorio López Frade.

O presidente deu conta dos actos e accións, que polo momento, levaranse a cabo, para conmemorar os 100 anos do noso Racing.

En primeiro lugar, agradecer a todos os Ferrolanos que nos fixeron chegar as súas suxestións para a celebración do Centenario, das cales, algunha destas ideas, foron aprobadas polo Comité e levaranse a cabo.

Recordamos que o Comité do Centenario está formado por:

José Maria Criado Labajo, Manuel Anxo Ansede Sánchez, Jorge Silveira Rei, Ignacio Rivera Quintana, Antonio Castelo Ares, Juan Manuel Pazos García, Angel Bonet Codina, José Manuel Chamorro Muñoz, José Luís Esquerdo Martín, Javier Gutiérrez Álvarez, Manuel Couce Pereiro, Arturo Otero Vilar, Manuel Mesa García, Gregorio López Frade, Jorge Deza Rei, Francisco Serantes Fraga, Manuel Oliveira Rodriguez e o Alcalde de Ferrol.

Os actos do Centenario hanse focalizado en 4 eixes principais:

Deportivo, Benéfico, Lúdico e Cultural.

Os actos e accións xa confirmados serán os seguintes:

– O vindeiro sábado día 17 de agosto darase cita o primeiro acto; será o encontro de exjugadores do club, familiares e amigos que confraternizarán en recordo de todos estes anos de historia.
– O 4 de setembro na Malata celebrarase o Memorial Moncho Rivera, partido benéfico no que aínda non están confirmadas que asociacións de Ferrol serán as que se repartan a recaudación do partido, que xa sabemos disputarán o Racing e o Deportivo da Coruña.
– O 5 de outubro, sábado, o día que se cumpre 100 anos, a ONCE conmemorará no seu cupón o Centenario.
– Durante o mes de outubro Estrela Galicia fará unha etiqueta especial para conmemorar o Centenario do Racing.

Agradecemos tanto á ONCE como a Estrela Galicia o agarimo e o detalle que han ter co noso club.

– Durante o mes de outubro celebrarase unha ?Expo? da Historia do Racing, o lugar está sen definir e nas próximas semanas darase máis información.
– Entre os meses de Outubro ou Novembro celebrarase un concerto, aínda se están perfilando os detalles, polo que seguiremos informando cando teñamos máis información.
– Un dos actos máis demandados polos afeccionados que participaron nos buzones de suxestións, era dun partido de celebración do centenario. O partido será contra o Sevilla FC, o noso rival no campionato da Copa do Generalísimo no ano 1939. O partido celebrarase na Malata, pero polo momento descoñécese a data definitiva polo amplo calendario que ten o Sevilla FC. Agradecemos ao equipo sevillista todas as facilidades para a celebración deste partido.