Cun novo punto na clasificación volve o noso equipo do seu desprazamento a terras madrileñas. Empate a dous goles no campo da Ciudad Deportiva Wanda ante o Atlético de Madrid B en partido correspondente á 10ª xornada. Un punto cun sabor amargo xa que ao descanso gañaba o equipo de Tena por 0-2, grazas aos dous tantos do capitán Pablo Rey, nos minutos 34 e 36. Sen embargo, na segunda parte o equipo local reaccionou, primeiro cun gol de Toni Moya e tres minutos máis tarde co tanto de Cristian Perales. Partido igualado coma reflexa o marcador e tamén a clasificación xa que ambos colóocanse con 13 puntos.

O próximo sábado, ás 18:00 horas, na Malata, nova oportunidade de celebrar a victoria e nun novo derbi, Nesta ocasión, será o Celta B o que visite o noso campo.