O defensa central Jon García (Bilbao, 28 anos) incorpórase á disciplina racinguista ata final de tempada. O xogador chega en calidade de cedido pola SD Ponferradina. Jon García formouse na canteira do Athletic Club, con pasado no CD Lugo, Real Racing Club, Sestao River e a SD Ponferradina ¡Bienvenido ao Racing!  

Esta mañá pechouse o fichaje do galego Bruno Rivada de 24 anos para as dúas próximas tempadas. Nacido en Redondela, formado nas categorías inferiores do Pontevedra CF xogou tamén no CD Mirandés e a UD San Sebastián dos Reis. Bruno Rivada incorporarase aos adestramentos esta mesma tarde onde poderá coñecer ao resto dos compañeiros.

O mediocentro de 32 anos Iker Rodellar converteuse no día de hoxe en novo xogador racinguista. O xogador natural de San Sebastián firma por dúas tempadas e chega procedente do Talavera con pasado en Real Unión, Real Sociedade “B” entre outros. ¡Bienvenido ao Racing Iker!  

O extremo dereito de 31 anos, Dani Abalo converteuse no primeiro fichaxe da tempada ao asinar o contrato que o vincula ao noso club para as dúas próximas tempadas. Dani Abalo, natural de Villagarcia de Arousa, chega procedente do FC Cartagena con pasado en Langreo, Alavés, e Celta de Vigo entre outros. ¡Benvido ao Racing!

O último día de agosto tráenos noticia en forma de fichaje. Chámase Pau Bosch, defensa central aínda que tamén pode xogar de mediocentro defensivo, ten 30 anos nacido en Fondarella(Lleida) e chega procedente da UE LLagostera e anteriormente estivo xogando entre outros, no Lleida e Alcoyano. Moi ilusionado chega Pau á nosa cidade e ao 

Seguir leyendo

O media punta do Celta B, Juan Mera xa é novo xogador racinguista.  O xogador de 23 anos é natural de Gijón e formouse nas categorías inferiores do Sporting chegando ao equipo filial na tempada 2010-2011 e recalando despois no conxunto olívico.