O centrocampista vasco, Alain Eizmendi de 27 anos, asinou o contrato que o une ao noso equipo de cara á próxima tempada 2017/2018. Procedente do AEL Limassol da 1ª división de Chipre, ten unha longa traxectoria no noso país xa que estivo no Real Unión, Leganés, Real Sociedad “B”, Eibar e Bilbao Atlétic. (FOTOGRAFÍA DE WWW.REALSOCIEDAD.COM)