As tres últimas incorporacións do conxunto racinguista Aitor Arregui, Gonzalo Sebastián e Abel Suárez foron presentados esta mañá aos medios de comunicación. O presidente do club, José Criado amosou a súa satisfacción polo esforzo que fixo o Grupo Élite para a contratación dos reforzos neste mercado de inverno. Os tres xogadores xa adestraron esta mañá,
O último día do periodo de fichaxes pechouse coa incorporación dos novos reforzos. O central de 27 anos, Aitor Arregui, procedente do CD El Ejido e o centrocampista de 26 anos, Abel Suárez, do Burgos CF. Ambos chegarán mañá á nosa cidade e nos próximos días incorporaranse á disciplina do conxunto racinguista.
As novas incorporacións no mercado de inverno conlevan tamén saídas. É o caso de Aitor Aldalur, Mikel Fernández e Gonzalo García Cea, xogadores que esta mesma mañá puseron fin á súa relación co noso club. Dende aquí desexarlle aos tres a maior das sortes, tanto a nivel profesional coma persoal.
O dianteiro, Sergio Mendiguchía, é outra das baixas do mercado invernal. A chegada de novos reforzos, en concreto a de Álvaro Rey, provoca a saída dalgúns xogadores coma é o caso do avilesino que non contou moito esta temporada, nin para Tena nin para Ricardo López.