Esta mañá a expedición racinguista emprendeu viaxe a San Sebastián de los Reyes onde mañá disputarán unha nova xornada de liga. 12:00 horas, no campo municipal de Matapiñoneras de herba artificial. Tras unha semana de cambios na propiedade do club e coa incorporación de Carlos Mouriz como Director Deportivo, o equipo viaxa cunha ilusión renovada
O equipo racinguista xa está en pleno desprazamento cara a Burgos onde mañá afronta unha nova xornada de liga. O obxectivo non é outro que continuar cos bos resultados: trala vitoria ante Pontevedra e o empate no campo do Izarra, o equipo gañou en confianza e intentará traer de volta para Ferrol os tres puntos
Ás 12 do mediodía partiu a expedición racinguista rumbo a terras navarras onde mañá, ás 17:00 horas, enfrontarase ao C.D. Izarra. A gran novidade na convocatoria do equipo está na presenza de Mackay. O guardameta ten desde o martes a licenza federativa en vigor polo que podería reaparecer mañá co equipo titular logo de máis