Este mediodía os alumnos de educación primaria do Colexio de Recimil recibiron a visita dos nosos xogadores. En concreto, Fran Sota, Aitor Arregui e Abel Suárez charlaron cos nenos e repartiron invitacións para presenciar o encontro deste domingo na Malata. Os xogadores foron recibidos cunha gran ovación mentres soaba o himno do club por megafonía. 

Seguir leyendo

Un año máis, a Fundación Racing Club Ferrol comezou a organizar as visitas aos diferentes colexios que así o solicitan.  O primero deste ano foi o colexio Sagrado Corazón e este mediodía Joselu,  Borja Freire e Néstor visitaron aos alumnos de 4° de primaria cos que compartiron uns minutos respondendo as súas preguntas e asinando autógrafos. Coma 

Seguir leyendo

Fai uns días, os alumnos de 5º e 6º de educación primaria do Colexio de Ponzos recibiron a visita dunha representación do plantel racinguista. Laro, Mendiguchía e Nano, acompañados polo manager, Gerardo Molina, charlaron e asinaron autógrafos cos nenos. Esta visita enmárcase dentro das actividades organizadas pola Fundación Racing Club Ferrol.

Este mediodía os alumnos do Colexio San Rosendo da nosa cidade recibiron a visita dunha representación do plantel racinguista. Rafa García, Laro Setién e Sergio de Paz compartiron uns minutos de charla cos alumnos e profesores nunha actividade que organiza a Fundación Racing Club Ferrol.