O Racing Xuvenil segue aportando xogadores aos adestramentos da Selección Galega Sub-18. Alberto Rodríguez, Sergio Otero e Luis Rodríguez estarán o mércores, 25 de outubro, ás 16:30 horas, no campo Municipal de A Estrada para participar nunha nova sesión do combinado galego.
As seleccións autonómicas comezaron na xornada de onte o traballo da presente temporada 2017-2018, de cara a participar na 1ª fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas e que este ano se celebrará en Canarias. No que se refire á Selección Sub-18, un ano máis, o Racing é un dos clubes galegos que máis xogadores