O punto sumado ante o Somozas non aliviou a decepción do técnico pola imaxe que ofreceu o equipo: “hoxe non houbo nin gañas nin intensidade, e na primeira parte o único que competiu foi o Somozas. ” Tena, que buscou solucionar o xogo con dous cambios no minuto 40, comentou ademais que “tería que cambiar a todo o equipo menos a Mackay que fixo un partidazo.” O técnico asegurou que: “parece que pelexar pola Copa do Rei non é motivación suficiente e hoxe a sensación era que queren que cheguen as vacacións canto antes” aínda que asegurou que: “atoparei solucións coa canteira para lograr esa clasificación xa que llo debemos ao club e á afección.”