O técnico racinguista non deixou escapar o seu malestar por esta nova derrota na Malata, na que ademáis, encaixáronse 3 goles por primeira vez na tempada: “Foi unha derrota moi merecida porque o Celta “B” foi moi superior na segunda parte.” Un partido máis os erros defensivos marcaron o devenir do encontro: “Foi o noso peor partido en defensa. Temos fallos individuais que non se poden cometer nun partido polo que o problema xa non é o estado anímico.” Miguel Ángel Tena recoñece que tras unha derrota así “estamos todos moi jodidos pero temos que ter tranquilidade e respirar.” Trala cuarta derrota consecutiva ante a nosa afección sinala que: “nos momentos complicados é cando temos que ser máis valentes, temos que traballar máis e abrir os ollos para ver a realidade. Non estamos á altura dos mellores.” sentenciou