Novo punto o que conseguiu o equipo no día de onte en casa do Ourense CF, que nos segue mantendo no liderato.

O partido estivo marcado pola expulsión por dobre tarxeta amarela ao noso xogador Juan Antonio minuto antes de que se chegase ao descanso.

Cun xogador menos o equipo foi capaz de poñerse por diante do marcador cun gol do xogador Fernando Beltrán no seu primeiro partido como racinguista.

Con dez xogadores desde o inicio da segunda parte, o equipo aguantou aínda que no minuto 73 o Ourense CF conseguía o empate.

O equipo que descansou no día de hoxe volverá ao adestramento mañá pola mañá, con dobre sesión o martes, descanso o mércores e sesión matinal o xoves, venres e sábado.