Como cada ano e desde a actividade que leva a cabo a Fundación do Racing, empezamos a visitar os colexios que así nolo solicitan.

Os xogadores Adrián Armental e Miguel Villarejo visitaron nesta ocasión o CEIP A Laxe e compartiron con 25 nenos de primaria, uns minutos de diversión contestando a todas as preguntas que lles formularon. Tamén houbo tempo para autógrafos e fotografías.

A fundación quixo colaborar doando unha camiseta do primeiro equipo  co CEIP A Laxe para os actos que organizan con motivo do día da Paz que se celebra este mércores.

Agradecemos a todo o profesorado e alumnado do CEIP A Laxe a invitación e o trato recibido durante a visita dos nosos xogadores.