Tralo adestramento desta mañá, os xogadores racinguistas Chema Leobalde, Diego Seoane, José Moreira e Quique Fornos acudiron ao CEIP Recimil onde estiveron compartindo un pouco do seu tempo cos alumnos.

Os alumnos, como noutras ocasións, formularon preguntas aos xogadores e ao final da charla asinaron autógrafos a todos aqueles que o solicitaron.