Este mediodía, os xogadores Quique Fornos, Bruno Rivada e Diego Seoane, continuando coas visitas aos diferentes centros escolares que o solicitan, a través da Fundación Racing Club Ferrol, visitaron, nesta ocasión, aos alumnos do Colexio Belén. Como noutras ocasións, os xogadores charlaron e contestaron ás preguntas dos alumnos, quen recibiron entradas para presenciar o partido do próximo sábado contra o Real Oviedo “B”.