Esta mañá recibimos a visita dos alumnos de 1º e 2º de Primaria do Colexio Cristo Rei da cidade.

Encántanos recibir as visitas dos colexios e ensinarlles aos nenos as máis descoñecidas estancias da Malata, pero como vos imaxinades os alumnos de Cristo Rei o que máis querían era gozar do adestramento do primeiro equipo para máis tarde facer unha foto de familia.

Os pequenos viñan preparados e leváronse nas súas libretas as firmas dos xogadores, iso sí todos querían a de Pablo Rei e tiveron que facer cola para a tan ansiada firma do xogador ferrolán que recibiu o agarimo de todos os nenos.

Queremos agradecer a visita de todos os alumnos de Cristo Rei por vir pasar unha mañá connosco!!