Skip to main content
GL

Campións en valores e deportividade

O Racing Genuine comezou LALIGA en Tarragona

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Genuine comezou este fin de semana o seu concurso en LALIGA Genuine 24-25, unha competición inclusiva para persoas con discapacidade intelectual que é pioneira no mundo. Un total de 47 escadras e preto de 1.200 xogadores e xogadoras afrontaron en Tarragona o primeiro dos catro torneos programados nesta sétima edición do campionato que LALIGA organiza a través da súa Fundación. 

O conxunto que dirixe Iván Pita co respaldo de Diego Garrido, Fernando Quiroga e Paco Hansen viuse as caras o sábado coa UD Las Palmas e FC Andorra e o domingo co Córdoba CF. Tres encontros que os nosos futbolistas disfrutaron ao máximo defendendo os colores do noso club e, sobre todo, facendo gala dos valores que nos representan

Un dos momentos máis emotivos do fin de semana foi, sen dúbida, a cerimonia de inauguración celebrada no Nou Estadi Costa Daurada, que contou, entre outras personalidades, coa presenza do presidente de LALIGA, Javier Tebas. Todos os equipos desfilaron nunha colorida cerimonia que supuxo o pistoletazo de saída ao torneo, organizado polo Nástic de Tarragona.

O campionato continuará para nós en marzo, en A Coruña, co segundo torneo de LALIGA Genuine. A continuación tocaralles viaxar a Burgos en maio e, xa a finais dese mesmo mes, chegará a fase final en Bilbao.