Chiki reforza o ataque do Racing Club Ferrol
O xogador desenvólvese en varias posicións ofensivas
Christian Borrego Isabel, "Chiki", convértese no primeiro reforzo do Racing Club Ferrol de cara á tempada 2024/25. O futbolista é un davantista polivalente que pode actuar en calquera das posicións de ataque.
Formado nas categorías inferiores do CD Leganés, Chiki Borrego (Madrid, 5 de outubro de 1996) pasou cedo polo Rayo Majadahonda, onde destacou como sub23 e acadou o ascenso á Liga Hypermotion en 2018. Dende alí incorporouse ao filial do Real Sporting, club no que militou dúas tempadas, e, posteriormente, á UE Cornellà, onde marcou 15 goles na súa segunda campaña. Os dous últimos exercicios militou na Agrupación Deportiva Alcorcón, coa que ascendeu ao fútbol profesional na tempada 22/23. Nestes anos foi un dos xogadores con máis minutos no cadro alfarero, co que marcou catro goles na súa última campaña na LALIGA Hypermotion.