Skip to main content
GL
Primer Equipo

O Racing, preparado para o derbi en Riazor

O cadro ferrolán visita ao RC Deportivo arroupado por máis de dous centos de seguidores

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol volve esta tarde a Riazor -17.00 horas- para enfrontarse ao Real Club Deportivo dentro da terceira xornada de LALIGA Hypermotion. Un partido de rivalidade que levará aos nosos afeccionados a gozar dunha das citas máis agardadas de toda a tempada. Cristóbal Parralo e o seu grupo destacaron a alta responsabilidade que teñen para afrontar o duelo e o máximo respecto para a confrontación.

Ambos equipos enfrontáronse en case dous centenares de ocasións entre partidos amigables e oficiais en diferentes campionatos durante os últimos 105 anos. En LALIGA Hypermotion vironse as caras 22 veces..

Por terceira semana consecutiva, Cristóbal Parralo non poderá contar con Nacho Sánchez, David Castro e Erick. A mellor nova, sen dúbida, é que, tal e como confirmou o propio técnico, o central galego evoluciona favorablemente do virus abdominal que o mantivo o último mes no dique seco.

O Racing non estará só en Riazor. A grada visitante estará poboada con máis de douscentos afeccionados, aos que se sumarán varios centos máis diseminados polo resto do estadio.