¡Desfrutade moito, rapaces!
David Castro despede ao noso equipo Genuine antes do comezo do campionato de liga
O equipo inclusivo do Racing Club Ferrol comeza este fin de semana a súa participación na LALIGA Genuine. Polo segundo ano consecutivo, a formación dirixida por Iván Pita en estreita colaboración con Diego Garrido, Fernando Quiroga e Paco Hansen, afronta este proxecto pioneiro na inclusión social no mundo do fútbol.
Serán 47 equipos e máis dun milleiro de xogadores os que este fin de semana compitan en Tarragona na primeira das catro xornadas fixadas no calendario. Farano repartidos en dous cadros baixo as denominacións de “Compañeirismo” e “Respeto” en alusión, precisamente, a dous dos valores que rexen esta liga para persoas con discapacidade intelectual que se consolidou como un exemplo de deporte inclusivo e diversidade.
O Racing Club Ferrol foi encadrado no cadro “Compañeirismo” e nesta sesión inaugural medirase o sábado á UD Las Palmas e ao FC Andorra e o domingo ao Córdoba CF. O ano pasado, a nosa formación ocupou os primeiros postos na categoría de Fair Play. Unha meta que aspiran a repetir, pois refrenda o prantexamento co que concibimos este proxecto dende a súa creación en 2021, trascendendo o plano estritamente deportivo para poñer o foco en cuestións como o compañeirismo, a tolerancia, a diversidade, a inclusión e, sobre todo, o crecemento persoal e deportivo dos nosos xogadores.
A expedición departamental partirá mañá xoves cara a Tarragona co propósito de participar xa o venres na tan ansiada cerimonia inaugural. Un evento no que o Nástic de Tarragona, un dos precursores históricos deste campionato, vólcase cada tempada. A delegación ferrolana está composta por 25 xogadores, a maioría deles procedentes dos centros Souto de Leixa, Aspanaes, Aspaneps e Virxe de Chamorro. Todos eles levan adiantando duro dende setembro para chegar nas mellores condicións a este debut ligueiro.
Tras a cita en Tarragona, LALIGA Genuine continuará para eles en marzo en A Coruña, en maio en Burgos e, xa como colofón, na fase final que se disputará en Bilbao o 30 de maio e o 1 de xullo.