Skip to main content
GL
Primer Equipo

O Consello de Administración ratifica a súa confianza no traballo de Cristóbal Parralo á fronte do equipo.

A dirección deportiva do club traballa man a man co técnico para realizar axustes na plantilla

There are no reactions yet. Be the first!

Dende que se fixo cargo do Racing Club Ferrol, o seu Consello de Administración apostou por un proxecto deportivo a longo prazo baseado no traballo, na confianza e na toma de decisións reflexionadas.

Tras analizar profundamente a situación do equipo e sendo plenamente conscientes de que os resultados non están á altura do que todos esperabamos, estamos plenamente convencidos de que a única forma de reverter esta situación é dar continuidade ao traballo realizado ata o momento por Cristóbal Parralo e o seu corpo técnico.

A súa traxectoria á fronte do equipo nos últimos anos, o compromiso que sabemos ten con este proxecto e o seu desempeño profesional convérteno ao noso xuízo na persoa indicada para alcanzar o noso obxectivo de conseguir a permanencia no fútbol profesional.

Asimismo, desde a dirección deportiva estase traballando da man con Cristóbal Parralo para realizar os axustes necesarios na plantilla co fin de mellorar o seu rendemento de cara á segunda volta do campionato.