Arranca a "era Menéndez"
O Racing enfrontase ao Levante UD no Ciutat de València co técnico no banco
A "era Menéndez" comeza para o Racing mañá, no Ciutat de València. A partir das 20.30 horas, a 25ª xornada da LALIGA Hypermotion medirá ao equipo verde co Levante UD. Un adversario de primeiro nivel para poñer á proba se estas dúas semanas ao cargo do técnico asturiano lle serviron ao equipo para recuperar, cando menos, a ilusión.
Os ferroláns tratarán de ofrecer a súa melhor versión ante un adversario que nos últimos meses se fixo forte como local e nun escenario do que esta tempada se escaparon moi poucos puntos.
Nas filas ferrolás a gran novidade será a presenza de Naim, quen previsiblemente xogará os seus primeiros minutos coa camiseta verde. Para este estreo, Menéndez deberá facer fronte ás baixas de Brais Martínez, Fran Manzanara e Álvaro Giménez. Tamén de Bebé, despois de que o caboverdiano rescindise o sábado a súa vinculación co club.
Por parte do Levante UD, Calero non poderá contar co sancionado Unai Elgezabal. Tamén ten a dúbida de Giorgi Kochorashvili, con molestias.
CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Naim García, Rober Correa, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Jauregi, Señé, Nacho, Yoel, Gelardo, David Castro, Dorrío, Vallejo, Raúl Blanco, Aitor Buñuel, Erick Cabaco, Luis Perea, Jesús Ruiz e David Carballo.