O Elche CF visita A Malata no día do noso aniversario
Dous abonados que comparten aniversario co club realizarán o saque de honra
O Racing Club Ferrol cumpre 105 anos de historia recibindo en A Malata ao Elche CF en partido correspondente á oitava xornada da LALIGA Hypermotion. Ás dúas da tarde arrincará unha confrontación na que o equipo ferrolán busca conseguir a primeira vitoria da campaña.
Sen novidades no equipo respecto ao último choque, Cristóbal Parralo contará de novo coas baixas por lesión de Eric, Brais Martínez, Aitor Buñuel e Nacho Sánchez.
O Elche CF preséntase en Ferrol con varias dúbidas por diferentes problemas físicos, pero recupera ao galego Yago Santiago e a Nico Castro. Carlos Clerc, Rashani e Bigas causan baixa tal e como confirmou Eder Sarabia.
Tanto Cristóbal Parralo como varios dos xogadores do equipo verde manifestaron esta semana a importancia de contar co respaldo da afección neste choque con tanto en xogo. Por iso, de novo, A Malata deberá ser unha caldeira que leve ao equipo en volandas e o sosteña tanto nos bos como nos malos momentos.
Aniversario
Os afeccionados do Racing Club Ferrol serán os grandes protagonistas deste aniversario. Nestes 105 anos de vida, os nosos seguidores converteronse no activo principal desta entidade. Desde o club queremos honralos a todos eles representados na figura de Daniel López e Rodrigo Suárez. Ambos comparten cumpreanos co propio club, sendo o primeiro deles o maior dos nosos abonados nacido un 5 de outubro e o segundo o de menor idade. Eles estarán sobre o céspede para facer o saque de honra nesta data tan sinalada.