Skip to main content
GL
Club

O Racing Club Ferrol condena enérxicamente as condutas racistas en A Malata

Sempre loitaremos para combatelas e erradicalas do noso estadio

There are no reactions yet. Be the first!

Durante o transcurso do partido desta tarde ante o Real Racing Club, a Policía Nacional procedeu á identificación dunha persoa ubicada na grada de Tribuna por proferir insultos racistas contra un xogador do equipo visitante.

O feito, totalmente illado, obedece a unha conduta individual e así foi tratado polas forzas de seguridade.

Desde o Racing Club Ferrol queremos mostrar a nosa máis enérxica condena ante calquera tipo de manifestación violenta ou racista e poremos todos os medios ao noso alcance para perseguias e erradicalas do noso estadio.