Skip to main content
GL
Primer Equipo

O Granada CF visita A Malata

O Racing recibe a un dos equipos máis destacados da categoría

There are no reactions yet. Be the first!

Desafiante reto o que se lle presenta ao Racing Club Ferrol nesta segunda xornada de LALIGA Hypermotion coa visita ao estadio de A Malata do Granada CF. A partir das cinco da tarde, os pupilos de Cristóbal Parralo veranse as caras cun dos equipos recén descendidos dende a máxima categoría e claro candidato a loitar por recuperar o seu posto na elite.

Os ferroláns, arroupados polo seu público, tratarán de dar a sorpresa ante un adversario espoleado tras debutar cunha derrota fronte ao Albacete Balompé. O equipo verde, pola súa parte, planta nesta confrontación con un punto tras o seu empate de hai unha semana ante o Málaga CF neste mesmo escenario. Un punto esperanzador á vista do visto sobre o terreo de xogo do coliseo departamental.

As ausencias de Erick Cabaco, David Castro e Nacho son os principais contratempos aos que deberá facer fronte o técnico da escadra local. Polo contrario, Parralo si poderá contar, se o considerase oportuno, con Manu Vallejo, que esta mesma semana se incorporou ao equipo.

Guillermo Abascal, pola súa parte, conta coas ausencias de Óscar Melendo e Famara Diédhiou, únicos xogadores que se perderon o último adestramento previo á visita a Ferrol.

As bancadas de A Malata volverán a acoller unha moi boa entrada. De feito, os afeccionados racinguistas esgotaron os dous únicos sectores dispoñibles en Fondo Norte cuxas localidades saíron á venda.