Xuntos, "¡Si se pode!"
Último partido do ano en A Malata ante a UD Almería
Despois da última vitoria en El Molinón, regresamos a A Malata para intentar recuperar o pulso de LALIGA Hypermotion na penúltima xornada da primeira volta. O UD Almería, un dos conxuntos máis en forma do campionato, visita o noso estadio mañá, ás 19.00 horas. Nas últimas dez xornadas, os andaluces remontaron quince posicións, ata situarse segundos na táboa clasificatoria con vintetrés puntos e doce partidos (incluídos os da Copa do Rei) sen perder.
O conxunto dirixido por Rubi será un rival de altura nun partido no que a comunión entre equipo e afección racinguista será vital. Xuntos, "¡Si se puede!"
Cristóbal Parralo conta con catro baixas para o partido: Brais Martínez, Erick Cabaco, Fran Manzanara e Moi Delgado. Todos os demais xogadores están dispoñibles e convocados para o encontro.
O UD Almería chega a Ferrol coa baixa confirmada de Chumi por sanción.
CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Julián Delmás, Rober Correa, Aleksa Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Eneko Jauregi, Josep Señé, Nacho Sánchez, Bebé, Yoel, Aitor Gelardo, David Castro, Josue Dorrio, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Aitor Buñuel, Luis Perea, Jesús Ruiz e David Carballo.