Iniciamos o 2025 coa Copa
O Rayo Vallecano de Madrid visita mañá ás 19.00 horas A Malata nos dezaseisavos de final da Copa do Rei
Despois do parón de Nadal, máis curto do habitual pola premura da preparación do partido da Copa, o Racing Club Ferrol está de volta. Mañá venres, ás 19.00 horas, recibiremos en A Malata ao Rayo Vallecano de Madrid, con motivo dos dezaseisavos de final da Copa do Rei Mapfre. No ánimo, moitas ganas de seguir na competición e dispostos a continuar co noso bo facer no torneo, despois de derrotar ao CD Cuarte e ao Barakaldo CF nas roldas previas. Tras os primeiros adestramentos do ano, nos que -en palabras do míster- “o equipo está a traballar ben”, o Racing afronta mañá o primeiro partido do 2025 en A Malata. Despois dunhas primeiras sesións de traballo con boas sensacións, os de Cristóbal chegan con pilas cargadas para enfrontarse ao Rayo Vallecano e a unha segunda volta ligueira que será tan esixente como motivadora. No que respecta á convocatoria, non hai novidades na enfermería: Moi Delgado, Fran Manzanara, Brais Martínez e Erick Cabaco continúan lesionados. O resto, dispostos a dar o máximo, aportarán o necesario para que o engranaxe verde continúe dando ledicias na competición da Copa e para que o equipo comece o ano con bo pé. Pola súa parte, os de Íñigo Pérez tamén afrontan o partido con enerxía despois de case dúas semanas de descanso e con bos resultados antes do parón de Nadal. Aínda así, tamén tiveron contratempos de última hora como a inesperada baixa de James Rodríguez.
CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Julián Delmás, Rober Correa, Aleksa Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Eneko Jauregi, Josep Señé, Nacho Sánchez, Bebé, Yoel, Aitor Gelardo, Josue Dorrio, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Moi Delgado, Aitor Buñuel, Luis Perea, Jesús Ruiz e David Carballo.