Skip to main content
GL

Josep Señé, baixa por problemas musculares

Erick Cabaco, na fase final da súa recuperación

There are no reactions yet. Be the first!

A resonancia magnética á que foi sometido Josep Señé esta mañá revela a existencia dunha pequena lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita que lle impedirá traballar co resto dos seus compañeiros nos próximos días. O futbolista someterase a traballo de fisioterapia e readaptación previos á súa reincorporación ao grupo.

O resto de xogadores da formación racinguista que están de baixa -Brais Martínez, Luis Perea e Erick Cabaco- evolucionan moi favorablemente das súas dolencias. De feito, Erick Cabaco, que a finais de agosto sufriu unha rotura fibrilar musculotendinosa no recto femoral da perna dereita, someteuse a pasada semana a probas de control que corroboraron que está practicamente recuperado, polo que intensificou o traballo de readaptación para reincorporarse proximamente ao grupo.