Skip to main content
GL
Primer Equipo

Preparación dunha intensa semana

O Racing afrontará en oito días

There are no reactions yet. Be the first!

LALIGA Hypermotion non dá tregua. A xornada intersemanal prevista para esta semana obrigará á escadra ferrolá a redobrar esforzos, abrindo un período de máxima esixencia que se ve incrementado, se cadra, por a disputa o día 31 deste mes da primeira eliminatoria da Copa do Rei e que obrigará ao cadro verde a disputar tres partidos en apenas oito días.

Os pupilos de Cristóbal Parralo afrontaron onte luns a primeira sesión da semana que, como sucede sempre tras a disputa dos encontros, foi de recuperación para os futbolistas que máis minutos disputaron no partido ante a SD Huesca e de maior intensidade para os que estiveron menos tempo sobre o terreo de xogo.

Hoxe pola mañá, a actividade centrouse xa na preparación do partido do xoves ante o Burgos CF en El Plantío. Unha posta a punto que se completará mañá cunha nova sesión matutina, previa a que a plantilla acometa o desprazamento a terras burgalesas en autobús.

O cadro verde regresará o venres á cidade naval. Non haberá tempo para descanso. Esa mesma xornada realizará unha sesión recuperatoria para, o sábado e o domingo, centrarse no partido do luns, ás 20.30 horas, en A Malata, ante o CD Tenerife.

O maratón do Racing non se detén aí. A próxima semana, tras ese encontro, toca pensar na Copa do Rei e o duelo que o xoves 31 o medirá ao CD Cuarte. Un mínimo impás antes de focalizarse de novo en LALIGA Hypermotion e a visita do domingo 3 ao CD Castellón.