Skip to main content
GL

Luis Perea súmase ao proxecto racinguista

O xogador, procedente do CD Leganés, reforza o noso centro do campo

There are no reactions yet. Be the first!

Luis Perea (25/08/1997, Alcalá de Henares) defenderá a camisola do Racing Club Ferrol na próxima tempada. O mediocentro únese á disciplina do club procedente do CD Leganés, no que militou as catro últimas tempadas e co que recentemente rescindiu a súa vinculación.

 

Luis Perea formouse nas categorías de base do Rayo Vallecano e pasou pola canteira do Atlético de Madrid antes de chegar en 2016 ao CA Osasuna, onde permaneceu ata a tempada 2019-20. O futbolista chegou a debutar coa escadra vermella na máxima categoría.

Perea xogou unha tempada cedido na AD Alcorcón antes de fichar na tempada 2020/21 polo CD Leganés. Cunha cesión de por medio no OFI Creta na tempada 2022/23, o xogador disputou 74 partidos oficiais co cadro pepinero, contribuíndo a pasada tempada ao ascenso a Primeira División.

En total, conta con case un centenar de partidos e máis de 4.700 minutos na súa conta en LALIGA Hypermotion.