Skip to main content
GL
Primer Equipo

Evolución de Erick Cabaco, Nacho Sánchez e David Castro

There are no reactions yet. Be the first!

ERICK CABACO: As probas médicas ás que foi sometido o futbolista indican que sofre unha rotura fibrilar musculotendinosa no recto femoral da perna dereita. O tempo estimado de baixa oscilará entre dous e tres meses, segundo a súa evolución.

NACHO SÁNCHEZ: O futbolista recibiu o alta hospitalaria o mércores. Dentro de quince días deberá pasar unha revisión. En función da súa evolución, pautarase o seu regreso paulatino á actividade.

DAVID CASTRO: Evoluciona moi favorablemente do virus abdominal que padecía. Continuará de baixa ata que a súa recuperación sexa completa.