Skip to main content
GL
Primer Equipo

Bola extra para o Racing

Mañá mércores disputamos ante o CD Castellón o partido pendente da xornada 13ª.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing xogará mañá mércores, ás 19.00 horas, ante o CD Castellón o partido correspondente á 13ª xornada da LALIGA Hypermotion que tivo que ser adiado polos efectos da DANA sobre a Comunidade Valenciana. Unha "bola extra" que lle dá ao equipo dirixido por Cristóbal Parralo a oportunidade de sumar cando ningún dos seus rivais directos poden facelo.

Un obxectivo complicado tendo en conta que o conxunto orellut, que chega despois dun empate fóra de casa ante a SD Huesca, é por agora un dos equipos revelación da tempada. E é que, a pesar de ser un recén ascendido, tivo un rendemento espectacular no inicio do campionato que o levou a unha cómoda zona media da táboa con 21 puntos. Oito máis que un Racing que aposta polas boas sensacións que deixou o equipo no último partido fronte ao Levante UD (no que tamén acadou un empate) para tratar de sumar no Skyfi Castalia.

A expedición ferrolá partiu cara a Castellón esta mesma mañá con moitas ausencias. Brais Martínez, Luis Perea, Aitor Gelardo, Erick Cabaco, Rober Correa e Eneko Jauregi estarán de baixa por lesión, mentres que Puric, sancionado, tampouco estará no encontro. Pola contra, Manu Vallejo volve á convocatoria.

Pola súa parte, o Castellón de Dick Schreuder afronta o partido con as ausencias seguras de Óscar Gil, Cámara e Lottin.

 

Skip to next section