Skip to main content
GL

Suspendido o partido que o domingo deberiamos xogar en Castellón.

A LALIGA e a RFEF suspendiron os encontros de fútbol profesional na Comunidade Valenciana durante o fin de semana.

There are no reactions yet. Be the first!

A Real Federación Española de Fútbol decidiu adiar os partidos de fútbol profesional previstos para este fin de semana na Comunidade Valenciana, entre eles o que o Racing Club Ferrol debería disputar o domingo, ás 18.30 horas, en Castelló ante o CD Castellón.

LALIGA solicitara onte esta medida á RFEF tras a devastación provocada nas últimas horas neste territorio por unha DANA que ocasionou case un centenar de vítimas mortais, ademais de miles de damnificados.

A Xuíza de Competición da RFEF confirmou esta mañá a medida, que afecta tamén aos encontros Villareal CF-Rayo Vallecano, Valencia CF-Real Madrid, CD Eldense-SD Huesca e Levante UD-Málaga CF.

A expedición racinguista atópase actualmente en Zaragoza, onde esta noite disputará na localidade de Cuarte de Huerta o seu compromiso correspondente á primeira eliminatoria da Copa do Rei ante o CD Cuarte. O equipo, que tiña previsto desprazarse mañá venres a Castellón, emprenderá o viaxe de regreso a Ferrol.

O club está á espera de coñecer a data alternativa prantexada por LALIGA e a RFEF para a disputa deste partido.