Semana esixente: Copa, Liga e longos desprazamentos
O cadro verde sairá mañá con destino a Zaragoza e non regresará a Ferrol ata despois do partido contra o CD Castellón.
A expedición racinguista partiu esta mañá rumbo a Zaragoza, onde quedará concentrada antes de enfrontarse mañá, na primeira eliminatoria da Copa do Rei, ao CD Cuarte. Fixérono coa ausencia por lesión de Erick Cabaco, Brais Martínez, Luis Perea, Josép Señé e Aitor Gelardo, todos eles lesionados, que quedarán en Ferrol.
O cadro departamental viaxará directamente o venres desde Zaragoza a Castellón, onde o domingo verase as caras co CD Castellón no campionato de liga. Por ese motivo, aínda que non estarán dispoñibles para o encontro da Copa do Rei, si desprazáronse co grupo Josu Dorrio, Rober Correa e Fran Manzanara. Os primeiros, con sendas sobrecargas musculares, non estarán á disposición de Cristóbal Parralo ante o CD Cuarte, mentres que o mediocentro perderase o choque por sanción, pois foi expulsado no último partido da Copa do Rei que o Racing disputou a tempada pasada ante o Sevilla.
A expedición, que está previsto que chegue esta noite a Zaragoza, cubrirá a primeira parte do desprazamento en autobús. Tamén viaxará por estrada a Castellón. En terras castellonenses, concretamente na Cidade Deportiva José Manuel Llaneza, do Villareal CF, realizará dúas sesións de adestramento, o venres e o sábado, previas ao compromiso correspondente á 13ª xornada de LALIGA Hypermotion.
O equipo voará de novo a Galicia na mañá do luns da próxima semana.