Skip to main content
GL
Primer Equipo

Venta de entradas para o partido ante o Burgos CF en El Plantío

Será a entidade burgalesa a que completará o proceso de compra enviando directamente as entradas por correo electrónico.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol pon á venda as entradas que o Burgos CF lle asignou para a grada visitante, de cara ao partido que o próximo xoves día 24, ás 21.00 horas, se disputará en El Plantío dentro da undécima xornada de LALIGA Hypermotion. As entradas dispensaranse ata o

As localidades son nominativas e poderán adquirirse só de forma presencial nas oficinas do club en A Malata. O prezo das entradas é de 20€ e durante o proceso de compra os interesados deberán aportar o seu nome, DNI e correo electrónico, pois será o propio Burgos CF o que, unha vez abonada a entrada, a envíe por correo electrónico.

As oficinas do club permanecerán abertas hoxe venres ata as 14.00 horas e, a partir do luns, de 10.00 a 17.00 horas.