Tercera equipación con sabor a salitre
La camiseta de adidas es un homenaje a la esencia de la Costa Ártabra
Unha costa infinita, perlada de praias de area fina, dunas, augas cristalinas e mar batido. Así é esta Costa Artabra, protagonista da terceira equipación coa que o equipo competirá este ano en LALIGA Hypermotion.
Da man de adidas contamos cunha camiseta cor area con finas listras verticais, azuis e brancas, alegoría das nosas praias bañadas pola espuma do mar. A esencia desta terra de areais condénsase nun icono que recolle expresamente unha das ondas que tan famosa fixo a esta costa inscrita dentro dunha greca que simboliza as dunas. Unha camiseta que "cheira" a salitre.
A equipación de xogo preséntase con dúas variables: con pantalón e medias area ou azul mariño, reforzando o protagonismo e contraste do mar en contacto coa area.