Skip to main content
GL
Club

Grazas, afección, por 105 anos de historia

Daniel López y Rodrigo Suárez, protagonizaron el saque de honor en representación de todos nuestros seguidores

There are no reactions yet. Be the first!

Non importa a categoría, non importan os resultados, non importa a situación. Se algo non cambiou nestes 105 anos de historia que nos avalan é o respaldo e a entrega da nosa afección. Xa sexan por miles ou por centos, os nosos seguidores foron, son e serán sempre un dos principais activos do club e por iso os quisemos converter nos auténticos protagonistas dese aniversario que o sábado celebramos.

En representación de todas esas persoas que neste máis dun século de vida sostiveron ao club co seu alento, Daniel López e Rodrigo Suárez, os abonados de maior e menor idade dos que comparten aniversario co club, protagonizaron o pasado sábado o saque de honra no partido ante o Elche CF.

Unha cerimonia tan sinxela como emotiva na que estiveron acompañados polo noso capitán, Álex López, e por Josep Señé e que nos permitiu unir pasado, presente e futuro do club.

A emoción coa que Daniel, aos seus recén estreados 87 anos, representou a todos os "avós racinguistas" que sementan a paixón por estes colores xeración tras xeración e o entusiasmo co que Rodrigo celebraba os seus recén cumpridos dous anos sobre o céspede de A Malata atestiguan o momento histórico que vive o club.