Skip to main content
GL
Racing Club Ferrol

O Racing faise forte en redes sociais

No último ano, cuadriplicamos o número de seguidores en redes sociais, con máis de 200.000

There are no reactions yet. Be the first!

A paixón desbordante que o noso club despertou esta tempada non só se deixou sentir nas bancadas de A Malata, polas que nos últimos meses pasaron máis de 140.000 seguidores; nin nas rúas da comarca, nas que a diario se puideron ver xestos de apoio ao equipo. Ese respaldo e interese tamén creceu exponencialmente nas redes sociais.

O pasado mes de agosto arrincamos a campaña 2023/24 con pouco máis de 45.000 seguidores. A día de hoxe, esa cifra cuadriplicouse, disparándose por enriba dos 200.000 ata, concretamente, 212.400. Boa parte deste crecemento derivou do esforzo que o club realizou para mellorar a súa vertente dixital e volcar os seus esforzos na realización de contidos, tanto informativos como lúdicos, que foron moi ben acollidos polo público.

Non só medramos en "followers", senón tamén no número de plataformas nas que o Racing Club Ferrol ten presenza co fin de chegar a un espectro da poboación máis heteroxéneo. A nosa consolidada comunidade de X -anteriormente Twitter- multiplicouse (27.914), ao igual que o fixo a de Facebook (14.524) e Instagram (32.849). Asimismo, reforzamos a nosa presenza en Youtube e estreamos tres novos canles de difusión, algúns deles con notable éxito. Así, dende hai uns meses, os nosos seguidores pódennos atopar tamén en Threads, Whatsapp e Tiktok.

Estas dúas últimas plataformas converteronse, de feito, en dúas das máis activas nos últimos meses. De feito, a nosa comunidade en whatsapp é unha das máis numerosas no que a equipos de LALIGA Hypermotion se refire, con máis de 21.000 membros. A proximidade desta app permitiunos estar máis estreitamente conectados cos nosos seguidores e achegarnos tamén a un sector da poboación que non se prodiga noutras redes sociais.

Tiktok foi o último perfil en chegar ao noso ecosistema dixital pero o fixo pola porta grande. Na actualidade, con 131.700 seguidores, é a plataforma na que o club ten maior difusión grazas a un contido áxil e próximo, doado de consumir, que nos permitiu medrar entre un público máis novo.

De feito, en datos comparativos, fomos o clube da LALIGA Hypermotion que máis creceu en seguidores durante o mes de maio, cun incremento do 31%.

Esta "renovación" dixital completouse coa renovación da nosa páxina web e a creación dunha App dende a que pretendemos concentrar toda a información que xera o club.

Moi obrigado polo voso respaldo.