Skip to main content
GL
Racing Club Ferrol

Posta a punto do céspede dos campos de A Malata e A Gándara

There are no reactions yet. Be the first!

Aproveitando as semanas de descanso entre o final dunha tempada e o inicio da seguinte, o herbo dos campos de A Gándara e A Malata está a ser sometido a tarefas de mantemento e rexeneración co propósito de manter o seu bo estado e conseguir que se atope en óptimas condicións de cara á campaña 2024/25.

A empresa Calfensa, que habitualmente se encarga do seu coidado, está á fronte destas labores, encamiñadas a rexenerar a superficie de xogo. En ambos os casos a estratexia é a mesma e pasa por eliminar a maior parte do colchón de materia orgánica (thatch) que se foi acumulando no herbo durante os últimos meses antes de proceder a unha resiembra.

Os campos foron aireados e descompactados a través dunha técnica de pinchado oco. Posteriormente aportouse area, fertilizantes, emendas e realizouse unha tarefa de resiembra. A partir de aí, nas próximas semanas realizarase un seguimento, tratamento e mantemento axeitado e acorde ás condicións de cada caso.

E é que, aínda que o prantexamento sexa similar, nin a situación previa nin os prazos son iguais nas dúas instalacións, de aí que a intensidade do proceso varíe. De feito, no caso de A Gándara, o mantemento arrincou unha semana antes e as instalacións deben estar operativas para o inicio da pretemporada, na segunda semana de xullo; mentres que en A Malata o período de rexeneración prolongarase cinco semanas máis ata a disputa do primeiro partido como local.