Skip to main content
GL
Racing Club Ferrol

O Racing Genuine remata esta fin de semana a competición de liga en Getafe.

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol Genuine disputa durante este fin de semana a cuarta e última xornada de LALIGA Genuine, que se celebrará na Cidade Deportiva Fernando Santos da Parra, en Getafe.

A formación departamental, capitaneada polo seu técnico Iván Pita e o coordinador da canteira, Diego Garrido, disputará tres partidos, o primeiro dos cales enfrontarase mañá mesmo ao FC Andorra. Con posterioridade, tamén mañá, pero pola tarde, verase as caras co Real Madrid, para concluir o seu concurso neste campionato medíndose ao RC Deportivo da Coruña.

O Racing Club Ferrol estreouse este ano neste campionato promovido pola Fundación LALIGA, pioneiro en fomentar a integración, a través do deporte, de persoas con discapacidade intelectual. A nosa formación estreouse en novembro na primeira xornada do evento disputada en Tarragona. Con posterioridade, competiu en A Coruña e Burgos para rematar agora nunha última fase do torneo na que se reunirán de novo 42 equipos.

Xogadores procedentes dos centros Souto de Leixa, Aspanaes, Aspaneps e Vergen de Chamorro, cos que habitualmente colaboramos, componen o grosso do noso equipo no campionato de liga.