Skip to main content
GL

O Racing recibe ao CD Tenerife nun luns de fútbol en A Malata

O cadro ferrolán recibe a un rival

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol recibe mañá en A Malata -20.30 horas- ao CD Tenerife, no partido que pecha a duodécima xornada de LALIGA Hypermotion. Unha confontación á que os pupilos de Cristóbal Parralo chegan tras catro xornadas sen coñecer a derrota e con oito dos últimos doce puntos en xogo sumados. Un balance moi positivo que, como ben advertía o preparador esta mesma semana, de pouco valerá se non seguen empregándose con rigor e intensidade nos partidos que se aveciñan.

Máis cando enfronte está un adversario como o CD Tenerife, colista do campionato, que chega a Ferrol con ansias de reverter a súa situación. Menospreciar o potencial do seu adversario sería un pecado capital no que o Racing Club Ferrol non está disposto a caer. De aí que, nesta semana esixente en partidos e desprazamentos, os departamentais se teñan conxurado para seguir na mesma liña dos seus últimos encontros: sendo un equipo sólido en defensa e presto a aproveitar as súas opcións de cara á meta rival.

A lesión de Aitor Gelardo no último encontro engorda a lista de baixas do Racing para esta contenda. O futbolista alicantino someterase o luns a unha resonancia para saber o alcance da dolencia muscular que padece no recto anterior do cuádriceps da súa perna dereita, pero está descartado para enfrontarse ao CD Tenerife. Tamén estarán ausentes por lesión Brais Martínez, Erick Cabaco, Señé e Luis Perea. Polo contrario, regresa á convocatoria Álex López unha vez cumprido o seu partido de sanción.

O CD Tenerife terá para o partido de mañá as mesmas baixas que Pepe Mel xa vén arrastrando nos últimos compromisos, as de Aitor Sanz, José Amo, Romero, Teto, Cantero, Maikel, Juande e Bodiger. A eles únese neste caso Dani Fdez, convocado coa selección nacional sub 17.

CONVOCATORIA: Bernad, Delmás, Rober Correa, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, ÁLex López, Jauregi, Nacho, Bebé, Yoel, David Castro, Manzanara, Dorrío, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Moi Delgado, Aitor Buñuel, Jesús Ruiz e David Carballo.

Skip to next section