Skip to main content
GL
Primer Equipo

Venta de entradas para os partidos ante o CD Cuarte na Copa do Rei e o CD Castellón na liga

As entradas para Castellón poden tramitarse a partir de mañá martes

There are no reactions yet. Be the first!

Unha semana intensa agarda ao racinguismo coa disputa de tres encontros, dous deles fóra de casa: o xoves, ante o CD Cuarte, na primeira eliminatoria da Copa do Rei; e o domingo, ante o CD Castellón, con motivo da 13ª xornada da LALIGA Hypermotion. Presta atención se queres acompañar ao Racing en algún deles.

Copa do Rei | CD Cuarte-Racing | Xoves, 21.00 horas

O CD Cuarte reservará un espazo para a afección visitante no campo Juan Guerrero "El Lobo". As localidades terán un prezo de 20€ no caso dos adultos e de 10€ para menores de 18 anos. Os interesados deberán adquirilas o mesmo día do partido, nas taquillas do recinto, indicando a súa condición de afeccionados do Racing.

13ª xornada LALIGA Hypermotion | CD Castellón-Racing | Domingo, 18.30 horas

As localidades son nominativas e poderán adquirirse desde mañá martes e ata o xoves 31 ás 17.00 horas, tanto de forma presencial nas oficinas do club en A Malata; como telemática, no correo electrónico marcosmartin@racingclubferrol.net; e telefonicamente, a través do 981 32 33 00. O prezo das entradas é de 20€ e durante o proceso de compra os interesados deberán aportar o seu nome, DNI e correo electrónico, pois será o propio CD Castellón o que, unha vez abonada a entrada, a envíe por correo electrónico.