Skip to main content
GL

Gracias, Iker

Acordo co Real Betis Balompé para o traspaso do xogador

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol e o Real Betis Balompié chegaron a un acordo para a transferencia de Iker Losada á entidade sevillana. O futbolista desprazouse onte á cidade andaluza e comezará a adestrarse nos próximos días co seu novo club.

Iker Losada chegou ao Racing Club Ferrol a comezos do pasado exercicio procedente do Celta de Vigo. Desde o primeiro día, o futbolista de Catoira demostrou unha calidade humana alineada cos valores deste club e un compromiso absoluto, o que o levou a converterse rapidamente nun dos grandes ídolos do racinguismo.

Desde o Racing Club Ferrol queremos agradecerlle a súa dedicación e profesionalidade e desexarlle a mellor das sortes nesta nova etapa que comeza en LALIGA EA Sport. Para nós resulta gratificante que o bo facer dos nosos futbolistas lles permita catapultar as súas carreiras profesionais, pois convírtenos nun inmellorable escaparate para o xoven talento do fútbol español.