Skip to main content
GL

Volvemos ás aulas!

Aleksa Puric, Brais Martínez e Álex López visitaron o CEIP Cruceiro de Canido

There are no reactions yet. Be the first!

Que ganas tiñamos xa de volver a empaparnos da ilusión e o agarimo co que nos reciben sempre nos colexios!

Álex López, Brais Martínez e Aleksa Puric “estrearon” a tempada de visitas nas aulas do CEIP Cruceiro de Canido, onde algo máis de douscentos escolares nos recibiron con os brazos abertos.

Foi unha mañá intensa na que os nosos xogadores tiveron tempo para asinar autógrafos e tomarse moitas fotos, pero tamén para charlar e responder ás preguntas do alumnado. Nestas actividades nunca podemos esquecer a responsabilidade que supón ser, en certa maneira, un referente para moitos deles, de aí que o noso discurso estea sempre alineado cos valores do deporte, defendendo o desenvolvemento de uns hábitos de vida saudable, a importancia de coidar a saúde mental entre os nenos e mozos e a loita contra o acoso escolar.