Skip to main content
GL
Cantera

A pedreira continúa a dar-nos alegrías

Incluso na derrota, as nosas equipas pecharon a xornada con boas actuacións.

There are no reactions yet. Be the first!

O noso equipo cadete A segue invicto, despois de disputar cinco xornadas da competición Preferente Futgal, conta os seus partidos por vitorias despois de derrotar o pasado fin de semana ao Bergantiños (0-4). Tras unha primeira parte moi igualada na que os ferroláns lograron irse ao descanso cunha vantaxe mínima (0-1), a reanudación trouxo os mellores minutos de xogo do conxunto que dirixen Juan Martín e Míchel Alonso.

Pleno de vitorias tamén para o Racing infantil en División de Honra, que gañou por unha mínima (1-0) ao Victoria CF. Nun enfrontamento moi disputado entre dous equipos que o deron todo, os ferroláns levaron na segunda parte o premio do gol á súa insistencia. Esta vitoria permíteos posicionarse entre os equipos destacados da clasificación.

Estas dúas vitorias foron do máis destacado nunha xornada con luces e sombras no que a resultados se refire. O Racing juvenil A sumou o seu primeiro traspié na Liga Nacional. O conxunto de Nacho García caeu ante outro dos equipos fortes da competición, o Pabellón Ourense (3-1). Os locais adiantáronse aos cinco minutos de xogo e ese tanto foi un lastre imposible de remontar para os racinguistas nun partido moi intenso.

Tamen intenso e igualado foi o enfrontamento entre o Racing Club Ferrol e o Marino, en Preferente Futgal xuvenil, que se saldou cun empate sen goles. Na segunda parte, os racinguisas "apertaron" e tiveron varias accións para adiantarse, pero a falta de definición e o bo traballo defensivo do seu oponente privounos de anotar.

Mantendo o partido baixo control, o Racing Club Ferrol cadete B sumou unha nova vitoria na competición de 1ª Futgal á custa da UD Carral (3-0). Os locais dominaron dende os compases iniciais e froito da súa superioridade chegou esa vitoria. Máis alá do resultado, resulta relevante a boa imaxe desta formación, composta por xogadores de primeiro ano, que semana a semana demostran a súa progresión.

Cómoda vitoria tamén para as nenas cadetes na Liga Galega sobre o Sporting Burgo nun enfrontamento a domicilio moi cómodo para as ferrolás, cada vez máis asentadas na categoría.

En categoría infantil, ademais da vitoria en División de Honra, a xornada saldouse co empate ante o Atlético Arteixo (1-1) do equipo masculino que milita en 1ª Futgal. Unha meritoria igualada na casa do líder que se fraguou na segunda parte. Os ferroláns adiantáronse no minuto 66, pero apenas seis despois, o seu oponente logrou equilibrar o marcador.

As nenas infantís da Liga Galega seguen coa súa adaptación á categoría. A cada partido que pasa, as sensacións son mellores e a súa evolución notable, aínda que os seus duelos, como o desta semana, se saldasen cun traspié fronte ao Orzán.

Finalmente, en 1ª Galicia de categoría alevín, victorias cómodas dos nosos equipos ante o Escola Irmandiños e o Estrella A Solaina.