Skip to main content
GL

Aitor Gelardo apuntala a medular do Racing Club Ferrol

O xogador, internacional en categorías

There are no reactions yet. Be the first!

Aitor Gelardo Vegara (26/06/2002, Catral-Alicante), mediocentro procedente do Villarreal Club de Fútbol, xa é xogador do Racing Club Ferrol. O xogador, que foi internacional con España en categoría inferiores, está xa en Ferrol para comezar a traballar co equipo verde.

Tras iniciarse futbolísticamente no Roda, acabou a súa etapa formativa na canteira grogueta, antes de dar o salto ao filial do Villarreal. Nas súas filas conseguiu o ascenso a LALIGA Hypermotion na tempada 21/22. Tras unha tempada no Linares, regresou ao conxunto dirixido por Miguel Álvarez, co que o exercicio pasado disputou 27 encontros, 12 deles como titular, acumulando máis de 1.100 minutos.

Aitor Gelardo conta con experiencia internacional. En 2018 debutou na selección nacional sub 17, coa que disputou en 2019 o Campionato de Europa e o Mundial. En total, acumula no seu haber 24 encontros internacionais entre a categoría sub 17 e sub 18