Skip to main content
GL

O Racing despede a primeira volta en Zaragoza

Moi regresa á convocatoria, na que non estarán Eric Cabaco, Fran Manzanara, Brais Martínez e o sancionado David Castro

There are no reactions yet. Be the first!

O último partido do ano e da primeira volta enfróntanos mañá en La Romareda ao Real Zaragoza. A partir das 18.30 horas buscaremos tres puntos que nos permitan superar a barreira dos 20 e encarar o segundo tramo do campionato con máis confianza. 

Faremos fronte a un rival que nos recibe con novo inquilino no banco. Despois de sumar catro dos últimos vinte puntos en xogo, Víctor Fernández presentou a súa dimisión tras caer en Oviedo e David Navarro fixose cargo do equipo de forma interina. Para este duelo, contará coa baixa de Adu Ares por sanción e de Soberón e Bazdar por lesión. Ademais, son dúbida Borge e Kosa con algunhas molestias físicas.

Nas filas ferrolás, a única novidade respecto á última contenda é a inclusión na convocatoria de Moi Delgado e a saída de David Castro, sancionado despois de cumprir o seu primeiro ciclo de amonestacións. Tamén serán baixa por lesión Fran Manzanara, Brais Martínez e Erick Cabaco

CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Julián Delmás, Rober Correa, Aleksa Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Eneko Jauregi, Josep Señé, Nacho Sánchez, Bebé, Yoel, Aitor Gelardo, Josue Dorrio, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Moi Delgado, Aitor Buñuel, Luis Perea, Jesús Ruiz e David Carballo.

Skip to next section