Presume de #corazonracinguista
O club pon en marcha unha campaña orientada a negocios e empresas locais co distintivo de colaborador oficial.
Se tes #corazonracinguista, presume delo.
Ese é o fío condutor da campaña #corazonracinguista, que a entidade acaba de estrear e coa que queremos fortalecer e consolidar o sentimento de pertenza e identificación co club que a nosa masa social e o tecido empresarial da comarca demostraron nos últimos meses.
Ser do Racing, ter corazón racinguista, sabemos que é un motivo de orgullo para moitos empresarios e responsables de negocios que poderán agora identificar ás súas entidades como colaboradores oficiais do Racing Club Ferro, beneficiándose de produtos exclusivos e espazos publicitarios no entorno físico e dixital grazas a ter #corazonracinguista.
Desde 250€, todos eles poden ser parte da familia racinguista.