Alianza estratéxica entre o Racing Club Ferrol e Cofer
O acordo permitirá unha colaboración estreita entre o tecido empresarial da cidade e do club.
Co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento económico e social da comarca, o Racing Club Ferrol asinou un acordo de colaboración coa Confederación de Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (COFER) co propósito de fomentar o networking e a colaboración entre as empresas locais.
Esta alianza estratéxica terá como obxectivo promover o desenvolvemento das relacións empresariais e a promoción de negocios en Ferrolterra, outorgando ás firmas visibilidade e fomentando así o seu crecemento.
O presidente do clubE, Manuel Ansede, e o presidente de COFER, Cristóbal Dobarro, presentaron esta mañá o acordo, que será promocionado durante o partido ante o CF Castellón.
Ambos resaltaron o beneficio que para ambas partes suporá en ámbitos como o posicionamento e visibilidade da comarca Ferrolterra, o crecemento sostido, a mellora da competitividade no mercado, todo iso dentro dun marco estratéxico de desenvolvemento conxunto a longo prazo.