Suspendido o partido de mañá en A Malata ante o Burgos CF
A alerta vermella por vento en zonas costeiras propiciou o aprazamento do partido.
Ante a adversa situación climatolóxica que se prevé para a xornada de mañá, na que se decretou a alerta vermella por vento en zonas costeiras, e a instancias das autoridades civís e deportivas competentes, o partido entre o Racing Club Ferrol e o Burgos CF correspondente á 24ª xornada de LALIGA Hypermotion que mañá debía disputarse en A Malata ás 18.30 foi aprazado.
Tras avaliar a situación de forma coordinada co Concello de Ferrol nunha reunión celebrada esta tarde ás 17.00 horas e na que participaron, entre outros, o noso Director Xeral, Carlos Mouriz, o Racing Club Ferrol trasladou a LALIGA a resolución das autoridades públicas, para que este organismo cursase a petición de aprazamento ao Xuen Único de Competición, sobre o que recae a facultade de tomar dita decisión.
Desde o club queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Ferrol pola súa boa disposición para a toma consensuada de decisións en aras de preservar a seguridade de todas as persoas implicadas neste evento. Tamén agradecemos ao Burgos CF a súa comprensión nestas circunstancias.
Quedamos á espera de que nos próximos días se fije a nova data na que se celebrará o encontro.