Skip to main content
GL
Primer Equipo

Álvaro Sanz, novo xogador do Racing Club Ferrol

O centrocampista chega á entidade verde procedente do CD Mirandés

There are no reactions yet. Be the first!

O centrocampista Álvaro Sanz Catalán vestirá a camiseta do Racing Club Ferrol nesta tempada. O futbolista zaragozano (Caspe, 14 de febreiro de 2001) chega ao cadro departamental procedente do CD Mirandés, co que xogou a última tempada e media na LALIGA Hypermotion

Álvaro Sanz comezou nas categorías de base do Real Zaragoza, completando a súa etapa formativa no FC Barcelona, ao que chegou en idade cadete. No 2019, logra o campeonato Europeo sub-19 coa selección nacional, aportando moita solidez no mediocampo do combinado español. O centrocampista chegou a debutar en Primeira co conxunto culé en 2022.

En xaneiro de 2023 este mediocentro chegou ao cadro jabato, onde xogou 15 partidos na segunda volta dese campionato da man de Joseba Etxeberria e 41 na pasada, na que foi titular indiscutible na formación de Alessio Lisci, da que chegou a ser capitán. No total, Álvaro Sanz acumulou 3.243 minutos no CD Mirandés, nos que marcou un tanto.